Glosario
Adstrato: Lingua veciña doutra que inflúe sobre ela
Aglutinación: Fenómeno polo que dúas ou máis palabras fúndense nunha unidade
Antropónimo: (Do grego ánthropos, ‘home’, + ónoma, ‘nome’). Rama da Onomástica que se ocupa dos nomes propios e dos apelidos das persoas
Disimilación: Fenómeno fonético que rompe a igualdade de dous sons idénticos mediante a diferenciación ou supresión dun deles
Epéntese: Adición dun sonido no interior dunha palabra, especialmente para facilitar a pronunciación
Epónimo: (Do grego epi, ‘enriba de, sobre’, + ónoma, ‘nome’). Nome de persoa, real ou ficticia, que denominará un pobo, lugar ou época
Etimoloxía popular: Explicación popular lendaria ou suposta do significado dun topónimo.
Etnónimo: (Do grego ethnos, ‘tribu’, + ónoma, ‘nome’). Nome que se lle dá a un grupo étnico
Exónimo: (Do grego exo, ‘fóra’, + ónoma, ‘nome’). Nome dun topónimo ou etnónimo tomado dunha lingua diferente á propia dese lugar (por exemplo Aquisgrán polo orixinario Aachen). A tendencia actual, avaliada pola ONU, é a de manter as formas orixinarias dos topónimos e non crear novos exónimos.
Haxiónimo: (Do grego hagios, ‘santo’, + ónoma, ‘nome’). Nome de lugar que se refire a un santo ou advocación sagrada.
Lenición: Mutación fonética que provoca o debilitamento articulatorio dunha consoante
Litónimo: (Do grego lithos, ‘pedra’, + ónoma, ‘nome’). Nomes que se aplican a rochas, pedras, ou formacións rochosas.
Metafonía: Proceso polo que o timbre dunha vocal se modifica baixo a influencia doutra vogal próxima
Metátese: Cambio de lugar dun son no interior dunha palabra
Onomástica: (Do grego onomastikós, ‘aquel que pode nomear’). Rama da lingüística adicada ao estudo dos nomes propios.
Orónimo: (Do grego óros, ‘pedra’, + ónoma, ‘nome’) Nome dun cordal, cuiña, serra, cordilleira… e en xeral dos elementos do relevo.
Paragoxe: Adición dun fonema ou son na posición final dunha palabra ou secuencia fónica
Patronímico: Apelido formado polo nome de pía do pai
Prótese: adición dun son, especialmente unha vogal, ao principio dunha palabra
Rotacismo: transformación dalgunha consoante, normalmente [s] ou [l], en [r].
Superestrato: Lingua que exerce un efecto dominante sobre outra de asentamiento máis antigo
Talasónimo: (Do grego thálassa, ‘mar’, + ónoma, ‘nome’) Serve para denominar mares, accidentes xeográficos costeiros e en xeral os topónimos do mar
Tautoloxía: (Do grego tò autó, ‘o mesmo, + lógos, ‘discurso’) Fenómeno que se produce en topónimos onde nome e denominación significan o mesmo. Soen corresponder a topónimos nos que se esquece o significado primixenio e nos que se engade un segundo elemento explicativo na lingua coñecida que redunda no significado orixinario. ( p. ex. Malpica, Puente de Alcántara, Ciudad de Medina)
Teónimo: (Do grego theós, ‘deus’, + ónoma, ‘nome’). Nome dun deus
Toponimia: (Do grego tópos, ‘lugar’, + ónoma, ‘nome’). Rama da onomástica que estuda os nomes propios de lugares, así como a súa orixe e evolución
Toponimia maior: A que se refire a nomes de concellos, parroquias e lugares
Toponimia menor: Ou microtoponimia. Refírese a topónimos de lugares de menor entidade xeográfica, como localizacións concretas do territorio, terras de cultivo, etc.