Arquivo para a categoría ‘Toponimia de Asturias’

Mera, Meira, Miera

Lugares chamados así, hainos no concello de Arzúa (Os Muiños da Mera);  no das Pontes (Trambasmeras); nos de Covelo, Navia de Suarna, Oleiros, Silleda, Lugo e Ortigueira. É o nome de varios ríos e afluentes (en concreto o río Mera, en Ortigueira, bautiza os lugares de Mera de Riba e Mera de Baixo); como ríos […]

Máis »

Sala, Zas, Salamonde, Salouzáns

Un amable lector, deixou un comentario na entrada Seimeira, Salime. No seu comentario di que a raíz *sal podía ter relación coa raíz *sar, e ten toda a razón, efectivamente é un fenómeno coñecido a alternancia entre as consoantes líquidas /l/ e /r/ a final de palabra; e xa en artigos anteriores poñía exemplos de […]

Máis »

Seimeira, Salime

Para moitos non son descoñecidas as formas galegas de denominar un salto de auga, seguramente todos coñecedes unha fervenza ou fervedoira. O dicionario de Ir Indo danos como sinónimos de fervenza os seguintes: abanqueiro, cachón, cadoiro, fecha, freixa e ruxidoira; mais se cadra, o nome de Seimeira para definir un salto de auga é probablemente […]

Máis »

Praia de Arnela

   Un xeito rápido de consultar a orixe deste topónimo é buscar no dicionario. Por exemplo no de Ir Indo aparece o seguinte: “s. f. Praia situada nunha costa aberta, metida entre dous montes e na que xeralmente desemboca un río ou rego”. Ata o de agora todo correcto, eu coñezo unha praia preto da […]

Máis »

Huellas de “nemus” en el asturiano

Un interesante artigo de J.L. Pensado, que se atopa en formato .pdf pode ser consultado aquí: Huellas de “nemus” en el asturiano. J. L. Pensado

Máis »