Arquivo para a categoría ‘Antroponimia’

Sala, Zas, Salamonde, Salouzáns

Un amable lector, deixou un comentario na entrada Seimeira, Salime. No seu comentario di que a raíz *sal podía ter relación coa raíz *sar, e ten toda a razón, efectivamente é un fenómeno coñecido a alternancia entre as consoantes líquidas /l/ e /r/ a final de palabra; e xa en artigos anteriores poñía exemplos de […]

Máis »

Os Blancos, Blanco, Elfos

Hai un concello e tres lugares en Galicia chamados “Os Blancos”. Cabeza Quiles fala de que, polo menos en Ourense, este lugar debe o seu nome, en orixe, a ter vivido alí os descendentes ou familiares de alguén que levaba “Blanco” como apelido. Disque hai varios lugares na toponimia galega que comparten esa explicación para […]

Máis »

Chámate con xeito

A Universidade de Vigo comezou unha campaña para galeguizar os nomes e apelidos, apelidos que foron no seu momento deturpados . Quen queira saber máis sobre os motivos e o momento da alteración da onomástica galega, pode consultar este artigo do imprescindible romanista da Universidade de Trier, profesor Dieter Kremer. Galego: Evolución lingüística interna III. […]

Máis »

A orixe do apelido Borbón

Se buscamos no “Diccionario de Apellidos Españoles”, editado por Espasa, o apelido Borbón non aparece. Curiosamente, aparte dos Borbón coñecidos por todos, se buscades no buscador do INE, podemos apreciar que hai unha presenza significativa de xente co devandito apelido en varias provincias. Concretamente é a provincia de Huesca a que máis xente ten apelidada […]

Máis »

O nome romano e os seus elementos

Unha boa introdución para entender o sistema onomástico romano está nesta páxina baixo a firma de Olga Álvarez Herrero El nombre romano y sus elementos

Máis »