Arquivo do mes Maio, 2009

Sala, Zas, Salamonde, Salouzáns

Un amable lector, deixou un comentario na entrada Seimeira, Salime. No seu comentario di que a raíz *sal podía ter relación coa raíz *sar, e ten toda a razón, efectivamente é un fenómeno coñecido a alternancia entre as consoantes líquidas /l/ e /r/ a final de palabra; e xa en artigos anteriores poñía exemplos de […]

Máis »

Galicia, Galiza, Cantabria

Para os romanos, os habitantes do noroeste peninsular tiñan un nome: callaicos, pois así foran denominados por Estrabón. A orixe desta denominación foi administrativa, para definir unha nova provincia da Hispania Citerior ao norte da Lusitania. Os callaicos non eran a única etnia da Callaecia, mais foi a etnia que lle deu nome ao territorio […]

Máis »

Seimeira, Salime

Para moitos non son descoñecidas as formas galegas de denominar un salto de auga, seguramente todos coñecedes unha fervenza ou fervedoira. O dicionario de Ir Indo danos como sinónimos de fervenza os seguintes: abanqueiro, cachón, cadoiro, fecha, freixa e ruxidoira; mais se cadra, o nome de Seimeira para definir un salto de auga é probablemente […]

Máis »

Praia de Arnela

   Un xeito rápido de consultar a orixe deste topónimo é buscar no dicionario. Por exemplo no de Ir Indo aparece o seguinte: “s. f. Praia situada nunha costa aberta, metida entre dous montes e na que xeralmente desemboca un río ou rego”. Ata o de agora todo correcto, eu coñezo unha praia preto da […]

Máis »

Os Blancos, Blanco, Elfos

Hai un concello e tres lugares en Galicia chamados “Os Blancos”. Cabeza Quiles fala de que, polo menos en Ourense, este lugar debe o seu nome, en orixe, a ter vivido alí os descendentes ou familiares de alguén que levaba “Blanco” como apelido. Disque hai varios lugares na toponimia galega que comparten esa explicación para […]

Máis »

Loentia

Cae nas miñas mans un libro de Higino Martins Estêvez, chamado “As Tribos Calaicas”, e botándolle unha ollada atopo un comentario sobre Loentia. Loentia é un río e lugar do concello de Castro de Rei, en Lugo. No referido comentario faise referencia a este nome de lugar, que como Aviño, no artigo anterior, parece tirar […]

Máis »